Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 22/12/22
22/12/2022
15:00
Arquivo provisional da última causa que tiña pendente o exsecretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. Cando se confirme terá o camiño libre para volver á política.
Outro fallo xudicial, neste caso na Coruña, obriga a dimitir a concelleira de Deportes. O Tribunal Superior de Galicia confirma que o de Mónica Martínez é un caso de transfuguismo.
Nos próximos minutos actualizamos tamén os datos da última operación contra a droga. Hoxe está previsto que continúe a declaración dos detidos.
Deportes. O Pontevedra avanza na Copa tras deixar fóra a un segunda, o Tenerife. Hoxe turno para Arenteiro e Celta