Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 23/03/23 23/03/2023 14:48

Reducir a tarifa da luz para os veciños, xerar emprego e deixar beneficios económicos en Galicia. Son algúns dos requisitos que porá a Xunta ós promotores de enerxías renovables. Esta mañá o consello da Xunta comezará o trámite da lei de aproveitamento dos recursos naturais.

E continúa a operación antidroga que deixa de momento 11 persoas detidas na provincia de Pontevedra. E a desarticulación en Cerdedo-Cotobade do laboratorio de procesado de cocaína máis grande de Europa dos coñecidos ata o de agora. Atopábase na parroquia de San Xurxo de Sacos. Cidadáns colombianos e mexicanos lideraban a organización.

Todo nunha xornada de paros dos produtores de mexillón aínda que con desacordo entre as diferentes organizacións.
 

Galicia Informativos
Más opciones