Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 23/06/22 23/06/2022 14:55

A central térmica das Pontes volve a estar parada. Endesa aínda non ten permiso para desconecta-la da rede pero mantén que xa non podería rendabilizar as melloras técnicas que precisa acometer.
sobre o corte da A-6.... mentres se decide que tipo de obras se van realizar, BNG e Unidas Podemos piden que se faga unha auditoría... temen que as constructoras aforraran nos materiais.
E pendentes do sector do transporte... a asociación maioritaria en Galicia non é partidaria de convocar un novo paro pero pide que a bonificación do gasoil se aumente ata os 40 céntimos.

O tempo.
Non hai cambios... nubes e chuvascos, máis probables pola tarde no leste, pero pola noite parece que a chuvia vai respetar as lumieiras de San Xoan.

Galicia Informativos
Más opciones