Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 23/08/21 23/08/2021 14:56

Hoxe comeza a vacinación da mocidade de 12 e 13 anos. Van recibir a vacina de Moderna. Galicia adianta estas citas para garantir que comezan o curso coa pauta completa. O mércores vacinaranse os mozos de 14 e 15 anos con Pfizer.

Tamén esta mañá... a Xunta debate co sector da hostalaría unha nova proposta para xestionar as cabidas nos locais en función das medidas que cumpra cada un.

E recollemos as palabras do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Radio Nacional. Que rexeita pronunciarse sobre as críticas que está recibindo o seu secretario de organización. O partido celebrará antes de que acabe o ano o seu congreso nacional.

Galicia Informativos
Más opciones