Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 24/03/2021 24/03/2021 14:59

Galicia esperta hoxe con algunha nube máis no ceo e cun novo mapa de restriccións polo coronavirus que entrará en vigor a partir do venres. Daquela quedarán só en nivel máximo os concellos ourensáns de Beade e Maside, pero do máis chamativo é tamén que ás portas da Semana Santa, municipios turísticos como Sanxenxo e Baiona teñan que conformarse co nivel alto. A hostalaría, polo tanto, só poderá abrir no exterior.

Antes de ir cos detalles destas últimas decisións do comité clínico, lembramos tamén que hoxe volve administrarse a vacina de AstraZéneca en Galicia.

E que á unha da tarde se asina en Madrid o acordo para a transición xusta das centrais térmicas en peche. Entre elas, Endesa, nas Pontes.

Galicia Informativos
Más opciones