Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 24/05/2021 24/05/2021 14:55

A semana empeza aínda con con algúns chuvasos, pero a previsión é que o tempo gañe estabilidade co avance das horas.

Estable tamén, un día máis, a situación da pandemia en Galicia, cando se cumpren xa dúas semanas do final do estado de alarma. O comité clínico podería estudar agora un relaxamento nos límites das reunións entre non conviventes. A Xunta leva hoxe ante o Tribunal Superior as novas medidas que comezaron a aplicarse durante a fin de semana, e que sitúan a Lobios como o único concello galego con peche perimetral.

Ademais, esta semana o SERGAS podería comezar a chamar, para completar a pauta de vacinación, aos menores de 60 anos que teñen a primeira dose de AstraZéneca

Galicia Informativos
Más opciones