Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 24/08/21 24/08/2021 14:58

Un incendio permanece activo no concello coruñés de Ponteceso. Leva polo dagora queimadas arredor de 20 hectáreas. Declarouse a última hora da tarde e durante a noite mantívose traballando o operativo de extinción. Meteogalicia ten activado o aviso amarelo por fortes ventos nesta zona.

Que haxa auga dabondo nos encoros para afrontar posibles incendios é algo que preocupa ás autoridades tra-lo baleirado que emprenderon as concesionarias. A Xunta está a inspeccionar as presas e di que a situación pode ser alarmante.

E hoxe estamos pendentes do comité clínico, que se reúne para avaliar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Galicia Informativos
Más opciones