Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 24/08/23
24/08/2023
14:59
Vai remitindo a calor pero xa podemos dicir que este mércores foi o día máis caluroso do ano en Galicia. Así o confirman os rexistros por toda a nosa xeografía. Pero ademáis a noite deixanos temperaturas moi altas mesmo en sitios pouco habituais coma a Mariña onde os termómetros pasaron por riba dos 27 graos.
Unha calor que se traduce tamén en problemas co abastecemento da auga. A Xunta ampliou a prealerta por escaseza de auga á comarca de Pontevedra e en Camariñas. E mesmo un accidente ferroviario ocorrido a tarde pasada semella ter a súa orixe nas altas temperaturas.