Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 24/11/21 24/11/2021 14:54

Sanidade tamén lle vai poñer unha vacina de reforzo contra a COVID, unha terceira dose, ó grupo de entre 60 e 69 anos. Serán convocados cando se remate cos de 70e 79 anos.
Deste xeito pretendese reducir as consecuencias dun posible contaxio.
Esta mañá sesion de control no Parlamento á que o presidente Núñez Feijóo chegará coa declaración asinada con outros 7 presidentes autonomicos para que no financiamento se teña en conta o maior custe na prestación de servizos nestas comunidades máis despoboadas.
E, pendentes dun incendio que a última hora da noite permanecía activo no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo a últim información de Medio Rural levaba queimadas 20 hectárias.
O vento e as escasas chuvias no sur axudan a que se produzan incendios ás portas de decembro.
A vindeira noite entra unha fronte que traerá precipitacións a case toda a comunidade.

Galicia Informativos
Más opciones