Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 25/03/2021 25/03/2021 14:57

Mentres vai amencendo con nubes e claros, vanse concretando os detalles de cara á Semana Santa. A última reunión entre o Goberno e as autonomías acabou case como empezou. O Executivo Central decidiu deixar en mans das comunidades posibles medidas máis restrictivas. Con carácter xeral, o toque de queda, como máximo, ás once da noite e prohibición, iso si, de reunións sociais nos domicilios.

Isto en Galicia tradúcese en que non hai novidades: a hostalaría pechará as nove e teremos que estar na casa sempre antes das dez.

No que coinciden delegación do Goberno e Xunta é en advertir que estamos nunha situación crítica, nunha fase de meseta, que nos pode levar a unha cuarta vaga. Para evitalo, insisten, será obrigado restrinxir a mobilidade ó mínimo

Galicia Informativos
Más opciones