Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 25/06/21 25/06/2021 14:57

En Galicia tamén se investiga se mozos de Lugo ou Pontevedra se contaxiaron con coronavirus nunha viaxe a Mallorca. A preocupación das autoridades sanitarias céntrase agora nos máis novos.... cada vez é máis baixa a idade media dos infectados e ademáis é o grupo que está sen vacinar.
Xorde ademáis esta incquedanza a cinco días da apertura dos locais de lecer nocturno.
A Xunta e os empresarios pactaron as condicións: 50 por cento de aforo e baile pero con máscara e distancia.
En Ourense, case un ano despois de deixa-lo, o PP volve ó goberno municipal con Democracia ourensana: aínda así só suman 10 concelleiros nunha corporción de 27.
O tempo. Hoxe volven as temperaturas altas

Galicia Informativos
Más opciones