Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 25/07/22 25/07/2022 14:58

25 de xullo coa tradicional ofrenda ó apóstolo e a manifestación do día da patria galega. Unha xornada na que, dez días despois, se van vendo os efectos da loita contra o lume. Estabilizado o incendio de Valdeorras. Agora o que máis preocupa é o de Vilariño de Conso... o único que se segue estendendo e que deixa moi tocado o parque natural do invernadoiro.
No norte caeu algunha chuvia feble, pero esta fronte pouco activa que afecta agora en Galicia non afeca ás zonas máis afectadas polo lume.

Hoxe, unha fronte pouco activa provocou un aumento da nubosidade e posibilidade dalgunha chuvia feble no terzo norte.
co avance da xornada iranse abrindo grandes claros.
O vento quedará do norte tra-lo paso da fronte.
As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado.
Hoxe as máximas irán dos 21 graos da Coruña ós 32 de Ourense.

Galicia Informativos
Más opciones