Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 25/08/21 25/08/2021 14:54

Os gromos orixinados en encontros sociais durante a fin de semana do 15 de agosto fan subir ata o nivel máximo de restricións dous concellos galegos: Ordes e Monforte. Prohíbense as reunións entre persoas que non viven xuntas durante a madrugada e a hostalaría só poderá atender no exterior e ao 50% da súa capacidade.

É unha das medidas acordadas polo comité clínico, que puxo en valor o avance da campaña de vacinación. Hoxe están citados os mozos de 14 e 15 anos.

Esta mañá o Ministerio de Educación e as comunidades abordan os protocolos para o inicio do próximo curso, que Galicia afronta sen os profesores de reforzo do pasado.

Galicia Informativos
Más opciones