Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 26/03/2021 26/03/2021 15:00

Galicia segue resistíndose á cuarta vaga. Cunha incidencia acumulada de 73 casos por cada cen mil habitantes, a comunidade mantén a raia a presión asistencial nos hospitais e loita por non pasar dos 200 contaxios diarios. Con todo, a ponte do 19 de marzo, xa se notou, e hai lixeiras repuntas. Un exemplo en dous concellos moi turísticos, como Sanxenxo e Baiona, que dende hoxe non poden abrir a hostalaría no interior. Só nas terrazas e ó 50 por cento. Así será tamén durante a Semana Santa, segundo un novo mapa de limitacións covid que comeza a rexer dende hoxe.

Polo demais, ERE en Adolfo Domínguez para 300 persoas e ERTE en Stellantis, en Vigo, con máis de 3.700 traballadores afectados.
A Xunta presenta tamén os 354 proxectos cos que aspira a captar 20 mil millóns dos fondos europeos de recuperación. Un asunto que o xefe do executivo galego levará as reunións bilaterais desta mañá cos líderes da oposición

Galicia Informativos
Más opciones