Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 26/07/22
26/07/2022
14:58
Controlados ou estabilizados tódo-los incendios. A vintena de lumes que se iniciaron a mediados de mes deixan un panorama desolador nas comarcas do Courel, Valdeorras ou no concello de Vilariño de Conso. Só nestes días ardeu o triplo da superficie que Medio Rural fixaba como obxectivo para todo o ano. O satélite Copérnicus estima que arderon case 37 mil hectáreas.
Precisamente os incendios estiveron este 25 de xullo presentes na ofrenda e na manifestación do BNG.