Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 26/08/21
26/08/2021
14:55
O curso que vén comezará con máis alumnado por clase en Secundaria e con menos distancia entre mesas. Así o ratificaron o Ministerio de Educación e as consellerías. Manteranse outras medidas coma a ventilación ou o uso obrigatorio de máscaras.
O avance da vacinación permitirá relaxar algunhas medidas tamén nos centros educativos e a Consellería agarda ir recuperando espazos coma as bibliotecas e actividades que antes eran cotiás nos colexios e institutos, coma as excursións. Unha das reivindicacións das familias.
Por outra banda, a Xunta lamenta que o Goberno central non destine fondos ás comunidades para afrontar os gastos extraordinarios que implica a pandemia.