Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 26/10/21 26/10/2021 14:58

Comezou a dobre vacinación ós maiores de 80 anos. Desde este luns pasan polos centros de saúde pra poñerse a dose de reforzo contra a COVID e opcionalmente da da gripe. Máis novidades no ámbito sanitario. A Consellaría, no marco da nova lei de ordenación farmaceutica, ultima o xeito de facilitar a entrega de medicamentos a domicilio, como se fixo nos peores momentos da pandemia.
En Ourense, a fiscalía querelase contra o alcalde Pérez Jacome: estima que poido desviar fondos do seu partido cando estaba na oposición.
Sobre Vestas, escasos avances na última reunión da mesa que busca evitar o peche da fábrica.
Deportes. O Celta suma tres puntos e pasado mañá recibe en Balaidos o lider, a Real Sociedade.

Galicia Informativos
Más opciones