Xornada de loito en varios concellos de Pontevedra polas seis persoas que faleceron no accidente dun autobús en Cerdedo-Cotobade. Catro mulleres e dous home.... o máis novo, un mozo de 21 anos, veciño de Nigrán que volvía de Lugo á súa casa pra cea de noiteboa. Hoxe aínda se vai facer unha nova batida no río, pero xa se descarta que haxa máis víctimas. A operación para retirar o autobús deixase para mañá.
Un suceso luctuoso que veu marcar estas datas tan sinaladas, tan familiares...
Deseguido lles contamos os detalles dun rescate dos dous superviventes e dos corpos dos falecidos no que os servizos de emerxencia se tiveron que empregar a fondo polo elevado caudal do Lérez.
Agardase que siga baixando... para hoxe non se agrdan chuvias.
O longo da xornada iremos quedando baixo influencia das altas presións.