Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 27/06/23 27/06/2023 14:55

Novas queixas pola falta de médicos en urxencias. O sindicato Omega pide unha reunión co presidente da Xunta pra abordar estas carencias. Mentres, Sanidade rexita as críticas polo peche de camas no verán: asegura que os medios se axustan ó descenso da demanda.
Por certo, Galicia será a referencia que tome o Ministerio de Sanidade pra implantar en toda España a xenómica como especialidade médica. Podería ser unha realidade en 2025.
E, aínda relacionado coa sanidade: os traballadores das ambulancias convocan para xullo seis xornadas de folga. Critica o exceso de carga de traballo.

As estradas deixannos un accidente mortal en Ordes. O conductor dunha furgoneta faleceu onte á tarde tras unha saída de vía.

O tempo. Seguimos baixo a influencia das altas presións. Hoxe as temperaturas van subir algo.

Galicia Informativos
Más opciones