Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 27/10/21 27/10/2021 14:54

Xa está decidido, os 122 mil galegos que recibiron a monodose de Jansen contra a COVID van ser citdos para unha segunda picada coas fórmulas de Pfizer ou Moderna. Agora a consellería de Sanidade debe detallar o plan de vacinación. A comisión de saúde pública acordou que se poña a partir do 15 de novembro.
Hoxe continúa o pleno do Parlamento do que onte saiu unha declaración institucional que condena os termos empregados por unha xuiza de Marbella para referirse á aldea na que vive unha nai á que lle retirou a custodia do seu fillo.
E estamos pendentes de Baiuca e os seus acompañantes: viaxaran a Sudán para participar nun festival e colleunos alí o golpe de estado neste país africano.
O tempo. Mantense a influencia do anticiclón: polo tanto o ceo vai estar despexado e ó mediodía as temperaturas van pasar dos 20 graos en toda a comunidade

Galicia Informativos
Más opciones