a próxima mediaoite decaen a maioría das medidas adoptadas antes de fin de ano ante a progresión da sexta vaga da pandemia, pero os números aínda son altos: 66 mil persoas con enfermidade, 6 mil novos positivos, 645 hospitalizados e o SERGAS vén de comunicar outras 8 mortes....
Á marxe da pandemia... este xoves fixéronse públicos os datos da enquisa de poboación activa...con rexistrarse un avance, a evolución do paro non foi tan boa en Galicia coma a media española.
E moitos cidadáns víronse sorprendidos por un movemento sísmico rexistrado no atlántico. Non se rexistraron danos...
O tempo... non hai cambios... ou con temperaturas lixeiramente máis altas. A Xunta xa prohibiu as queimas de restos agrícolas para evitar incendios. En Viana do Bolo, na parroquia de pradoramisquedo, foi extiguido un lume que queimou 13 hectáreas de monte raso