Na nosa comunidade hai xa 70 casos positivos vencellados ao gromo de estudantes que viaxou a Mallorca. Ademáis chegan a 600 as persoas en corentena a raíz deste contaxio. Este luns continuarán cos cribados que se inciaron esta fin de semana para dar con máis casos. A situación creada por este gromo será analizada no comité clínico de mañá.
En Ferrol os traballadores de toda a comarca mobilizáronse de novo este domingo para protestar contra o desmantelamento industrial da contorna. Reclaman a implicación da Xunta e o Goberno central ante a falta de emprego.
E o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, reelixido recentemente para o cargo, na entrevista dos domingos de RNE, desbotou a creación dunha fiscalía anticorrupción de momento porque diminuiron este tipo de delitos