Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 29/03/2021 29/03/2021 15:01

Tempo primaveral para este inicio da Semana Santa, no que se mantén de momento a boa evolución da pandemia en Galicia. Á espera de coñecer esta mañá os novos datos despois da fin de semana, tódolos indicadores seguen apuntando á baixa. Mantemos unha incidencia de 70 casos por cen mil habitantes.

Mentres, estreamos novo mapa de restriccións, con libre mobilidade por todo o interior de Galicia, coa única excepción do concello ourensán de Beade. Así será polo menos ata o venres. A partir de aí dependerá do que decida mañá o comité clínico.

E entre as novidades das últimas horas, unha que ten que ver coa economía: MásMóvil lanza unha opa sobre o cen por cen de Euskaltel, propietaria de R

Galicia Informativos
Más opciones