Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 29/08/23
29/08/2023
14:59
O caso de Luis Rubiales chega ó Parlamento galego. O BNG está disposto a pedir na cámara a dimisión do presidente da Federación Galega de Fútbol se Rafael Louzán non dá o paso antes. Nacionalistas e socialistas consideran intolerable que minimizase o comportamento de Rubiales coa xogadora Jennifer Hermoso, por moito que na reunión da pasada tarde os presidentes das federacións territoriais pedisen o cese de Rubiales.
Centos de persoas concentráronse a pasada tarde nunha decea de localidades galegas en apoio á futbolista.