Nova mobilización contra os parques eólicos: a deste domingo foi en Carral. Os convocantes lamentaron que a Xunta e o Goberno central actúen como meras xestorías de negocio do oligopolio enerxético.
O comité de empresa de alcoa informará hoxe ós traballadores da fábrica de San Cibrao dos detalles da proposta da multinacional que retrasa o rearanque as cubas. Esta semana decidirán en referendum se a aproban. E veremos a repercusión da folga convocada polos traballadores das torres de control privatizadas, en Galicia, as dos aeroportos de Vigo e a Coruña
Deportes. O Celta sumou tres puntos claves que lle permiten sair do descenso. Comezou o partido de antipenúltimo. En cambio, o Lugo ten a cinco puntos a salvación tras perder en Albacete.
O tempo. Continuamos na influencia das altas presións. Van seguir os ceos despexados e as temperaturas máximas an subir algo pero as mínimas seguen moi baixas. Gran parte de Galicia amence branca pola xeada...
Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 30/01/23
30/01/2023
14:52