Aumentan os afectados polo gromo orixinado na illa de Mallorca. Son 108. O presidente da Xunta suliña que de momento non hai vacinas para os mais novos e lembra que os botellóns están prohibidos en Galicia.
Así as cousas o Comité Clínico impón as restricións de nivel alto nos municipios de Carnota e Sarria, onde se detectaron senllos brotes de coronavirus, mentres que Pontevedra estará desde o vindeiro sábado en nivel medio polo gromo de orixe balear.
Noutra orde de cousas, a ministra de Industria, Reyes Maroto, anunciou que viaxará a Pensilvania, onde está a sede da multinacional ALCOA para tratar de dar cunha solución para a fábrica da Mariña.
En Santiago a CIG manifestouse contra a proposta da Xunta para subvencionar as entidades bancarias que queiran instalar caixeiros nos concellos do rural nos que non queden xa oficinas, con case 3 millóns de euros.
Todo nun mércores no que no metereolóxico Galicia recupera a influencia anticiclónica