Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 30/11/21 30/11/2021 14:55

A incidencia da COVID en Galicia achégase cada vez máis á media...xa está nos 190 casos por cada 100 mil habitantes a 14 días. E nas últimas horas comunicáronse tres novos falecementos. Xa hai 5 mil persoas coa enfermidade...e aumenta a presión asistencial. De momento as medidas de control limítanse o uso do pasaporte COVID.
Portugal aclara que estarán exentos de presentar proba negativa os que crucen a fronteira por motivos laborais. Para o resto os controis serán aleatorios.
E hoxe saberemos se os traballadores de Alcoa considern aceptable a proposta da dirección de interromper a actividade dous anos co compromiso de non eliminar emprego e reactiva-la producción en 2024.
Incendio de madrugada nunha fábrica de mobles en Forcarei. Os incendios tardaron cinco horas en apaga-lo lume.
Deportes... Hoxe empezan as eliminatorias de Copa. Os primeiros en competir, o Celta., Racing e o Vitoria, que recibe ó Vila-real.
O tempo...hoxe non teremos chuvias e soben as temperaturas.

Galicia Informativos
Más opciones