Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 30/11/22
30/11/2022
14:52
A policía, coa detención do principal sospeitoso, da por resolto o homicidio da veciña de Lugo que morreu acoitelada na súa casa. O detido aínda continúa en dependencias policias.
Sanidade comprométese cos médicos a estudar unha reestructuración do mapa de centros de saúde. Pero ambas partes, tras reunirse en Santiago, non aclararon se iso suporá peches.
Quedaron de volver a reunirse en breve.
A Xuntanza produciuse a unhas horas das mobilizcións convocadas en toda Galicia para demandar un reforzo da atención primaria e poucas horas despois de que O tribunal superior anulara unha instrucción do Sergas que permitía ós farmacéuticos de atención primaria renovar as recetas de tratamentos crónicos para pacientes