Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 30/12/22 30/12/2022 14:52

Alfonso Rueda respalda ó conselleiro de Sanidade. Ante as críticas que Julio García Comesaña recibiu do colexio de médicos de Pontevedra ou as demisións nos hospitais, o presidente da Xunta sinala que Comesaña pode ter detractores, pero tamén concita moitos apoios entre os profesionais sanitarios.
Xa declararon ante a Garda civil os dous superviventes do accidente que se produciu o día de noiteboa en Cerdedo, pero non trascendeu nada do seu testemjño.

Deportes. O Celta retoma a competición de liga despois do mundial e despide o mesmo tempo o ano en Balaídos. Ás sete e cuarto recibe ó Sevilla. O que perda acabará 2022 en posición de descenso.


O tempo.
Soben as temperaturas, pero hoxe destaca o vento. Hai aviso amarelo en toda Galicia. Os refachos poden chegar ós 80 quilómetros por hora.

Galicia Informativos
Más opciones