Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 31/03/2021
31/03/2021
15:00
Vai cambiando o tempo de cara ós festivos da Semana Santa. O que non cambian de momento son as restriccións. A partir do venres seguiremos nunha situación moi parecida. O comité clínico decidiu que continúe a libre mobilidade por toda Galicia, coa única excepción do concello ourensán de Beade. Haberá ademais 11 concellos onde a hostalaría só pode abrir no exterior. Entre eles, Baiona e Sanxenxo.
Por outra banda, xa sabemos que Galicia terá o vindeiro mes o seu propio certificado de vacinación, e que o Goberno decidiu recorrer ante o Constitucional a Lei de Saúde de Galicia.
E temos que falar tamén dun tráxico suceso en Viveiro. Morreu un pescador deportivo. O seu fillo, que estaba con el, tivo que ser ingresado no hospital.