A Xunta contratará este curso profesorado de reforzo para cumprir as normas sanitarias e garantir a oferta educativa. A Consellería de Educación agardará a que rematen os exames extraordinarios e a matriculación en Secundaria e Formación Profesional para saber cantos profesores fan falta este ano. A oposición pide que se manteñan os contratados o curso pasado.
Hoxe reúnese o comité clínico, que podería mudar o mapa de restricións por concellos. Ata o dagora só dous, Ordes e Monforte, están en nivel máximo. Pero hai 8 que superan os mil casos de incidencia acumulada. Os expertos que asesoran a Xunta abordarán tamén o novo plan de apertura da hostalaría.
Aínda na portada... a situación dos encoros galegos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pídelle explicacións ao Goberno central e ás empresas concesionarias.
Decontado ampliamos estas e outras novas.