Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 01/12/23 01/12/2023 14:54

A polémida polo alugueiro de 12 autobuses para o transporte municipal por parte do concello de Santiago centrou o momento máis controvertido no pleno deste xoves.

Traballadores de Alsa Ferrol piden a actuación do concello e da Xunta para rematar cos atrasos nos servizos de autobús, provocados polas múltiples obras que se están a realizar na cidade.

Éxito na primeira xornada de folga na sanidade privada da Coruña. Así o afirman desde a Cig, o sindicato convocante, que sitúa o seguemento no cen por cen nos hospitais privados da provincia.

Rexistrado un terremoto de magnitude 3,3 na escala Richter, na localidade coruñesa de Oroso. Deixouse sentir con maior intensidade nas comarcas de Santiago de Compostela e de Ordes, aínda que sen consecuencias.

Galicia Informativos
Más opciones