A situación do transporte entra na precampaña política. Os socialistas acusan á Xunta de mala xestión tralos últimos problemas de Monbús, concesionaria da maioría de licenzas. Desde Sumar anuncian a creación dun metro lixeiro en Vigo e na Coruña como un dos eixos da súa futura campaña.
De contado ampliamos os detalles, antes outros titulares con Rosalia Martinez.
- O Sindicato da Limpeza da Coruña leva ante a xustiza ó concello herculino e á concesionaria cunha denuncia na Fiscalía
- Agredido un funcionario da prisión de Monterroso a mans dun interno, o persoal pide medidas contra a conflitividade
- O alcalde de Pontevedra convoca o pleno da cuestión de confianza ligado a aprobación dos orzamentos
- Primeira función do espectáculo OVO do Circo do Sol esta tarde no Multiusos do Sar de Santiago