O sindicato de recollida de lixo, STL, convocante da folga prevista a partir deste domingo na Coruña, reunirase este martes por segunda vez coa empresa Prezero, pra intentar solucionar o conflito. Este luns, xa tiveron a primeira toma de contacto...
De seguido contasmolles qué pasou nesta reunión. Antes, outros titulares da xornada con Rosalia Martinez
SINTONÍA TITULARES
- Nova protesta en defensa da sanidade en Rianxo. Os veciños do municipio din que a situación en atención primaria é alarmante, por iso esta tarde, Rianxo en común convoca unha concentración diante do centro de saúde
- xa está en prisión o home de 67 anos que esta fin de semana agrediu cun coitelo a sua muller. A maxistrada número 3 de Santiago decretou prisión comunicada e sen fianza pro detido.
- Comeza unha nova edición do programa radiofónico: A radio Conta, no que tódalas emisoras da cidade da Coruña, públicas e privadas, únense cun fin solidario común. Este ano, o evento estará adicado os transtornos alimentarios.