En pouco máis de 24 horas producironse dúas mortes violentas na Coruña.
A última, a morte dun home por disparos da policía no polígono coruñés da Grela.Tamén na cidade herculina, continúa aberta a investigación pra dar co autor do acoitelamento mortal a un mozo de 22 anos na madrugada do día de nadal.
De seguido ampliamos pero antes vexamos outros titulares das principais cidades galegas con Rosalia Martinez.
- Nas Pontes, os sinDicatos CIG, CCOO e UGT, da central térmica denuncian que non se está a cumprir o acordo de incorporación dos traballadores da industria auxiliar aos traballos de pre-desmantelamento.
- En Santiago. O servizo de maternidade do hospital privado HM ROSALEDA deixará de atender partos a partir do 31 de decembro. Así lles foi comunicado ás mulleres embarazadas en seguimento no centro hospitalario
- A Fortaleza de Monterrei, en Ourense, será restaurada durante o vindeiro ano ao ser incluída no Plan Xacobeo Next Generation