A familia de Yoel Quispe, o mozo de 22 anos acoitelado na noite de nadal, pide xusticia e axilidade na investigación pra dar co culpable ou culpables do seu asasinato. Esta tarde, será enterrado no cemiterio de Feáns. E tamén continúa aberta a investigación trala morte dun home de 34 anos por disparos dun policia este pasado luns.
- Unha modificación sobre os dereitos de acceso e conexión permitirá poñer en funcionamento catro parques eólicos para garantila viabilidade da planta de Alcoa en San Cibrao.
- O pleno do Concello de Vigo aprobará hoxe definitivamente os orzamentos municipais para 2024, que ascenden a máis de 316 millóns de euros, os máis altos da súa historia.
- A plataforma contra a contaminación acústica nocturna de Santiago reunirase hoxe coa alcaldesa Goretti San Martin pra interntar buscar solucións ós problemas de ruido que se sofren en varios puntos da cidade