Os hospitais galegos están desbordados debido ó incremento de ingresos por mor de infeccións respiratorias- En vigo e Santiago, os ingresos diarios superan ás 500 persoas. Con todo, o pico da gripe desta temporada está previsto para a próxima semana.
De seguido ampliamos pero antes vexamos outros titulares das principais cidades galegas con Rosalia Martinez.
- O alcalde de Pontevedra presentará unha moción de confianza se no pleno extraordinario deste venres non se aproban os orzamentos para 2024.
- En Ourense, A Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras reclaman máis prazas para incorporar a máis usuarios.
- Traballadoras da cadea de supermercados Mercadona da provincia da Coruña saen a rúa pra denunciar públicamente que a empresa non respecta ás mulleres maltratadas