Avances na investigación pola morte a coiteladas de Yoel Quispe na noite de nadal. A policia detivo a dous mozos a pasada xornada. A investigación continúa aberta e non se descartan maís detencións nas vindeiras horas.
De seguido ampliamos pero antes vexamos outros titulares das principais cidades galegas con Rosalia Martinez.
- Colapso nos hospitais coruñeses polo aumento dos casos de gripe A. Unha situación que está a desbordar ao persoal sanitario, quen asegura non ter visto tanta afluenza de pacientes nin sequera nos peores meses de Covid.
- O concello da Coruña aproba definitivamente os orzamentos pro vindeiro ano- Fixoo nunha convocatoria urxente de pleno extraordinario a pasada xornada.
- O sector da limpeza da provincia de Pontevedra irá a folga o vindeiro día 10 de xaneiro. Máis de 12.000 persoas dependen dun convenio colectivo cuxa negociación está paralizada