Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 02/08/21 02/08/2021 15:05

Os hostaleiros galegos rexistran un elevado número de cancelacións. Vincúlanas ó tempo e tamén ós requisitos que se esixen nos concellos
en nivel alto e máximo, que representan un terzo da poboación. Cren que supoñen un gasto a maiores para os turistas e pide piden flexibilidade na aplicación das medidas.
Agora recollemos as súas queixas. Antes outros titulares deste primeiro luns de agosto.

Este domingo empioraron todos os datos da pandemia e rexistráronse outros tres falecementos.

Hoxe acaba o prazo que os traballadores de Alcoa deron para manter en suspenso a folga na fábrica de aluminio.

O BNG quere que en Galicia non se poidan construir parques eólicos no mar. Consideran que non son compatibles coa actividade pesqueira.

Galicia Informativos
Más opciones