Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 02/09/21 02/09/2021 15:02

A Xunta contratará este curso profesorado de reforzo para cumprir as normas sanitarias e garantir a oferta educativa. A Consellería de Educación agardará a que rematen os exames extraordinarios e a matriculación para saber cantos profesores fan falta este ano. A oposición pide que se manteñan os contratados o curso pasado.
Hoxe reúnese o comité clínico, que podería mudar o mapa de restricións por concellos.

Xunta, goberno e os traballadores de Alcoa queren pechar unha contraoferta para presentarlle á multinacional para conseguir desbloquear a venda da factoría de San Cibrao.

Reunión hoxe do conselleiro de Industria cos sindicatos para abordar a crítica situación da auxiliar de Endesa, Maessa, onde está previsto o despedimento de 48 traballadores.

Un xulgado condena ó concello da Coruña por vulnerar o dereito fundamental da Marea a participar en asuntos públicos.

Galicia Informativos
Más opciones