Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 03/08/21 03/08/2021 15:11

A sexta foi a vencida. Na súa sexta participación olímpica, Teresa Portela conseguiu a medalla de plata en K1-200. En Londres xa quedara a unhas milésimas do broce. Tiña unha trintena de medallas en mundiais e europeos, pero ós 39 anos faltaballe unha nuns xogos olímpicos e xa a ten. "o que a segue conseguea dixo unha feliz Teresa Portela ó rematar.Foron peor as cousas en vela, Iago López e Támara Echegoyen quedaron ás portas do bronce na respectiva competición.
Por aquí empezamos, estes son os outros titulares deste martes.

As análises de ADN implican a dous dos principais acusados na morte de Samuel Luiz.

Sanidade cré que estamos chegando ó pico desta quinta onda da pandemia. Por iso, non se agardan máis restriccións no comité clínico de hoxe.

Este martes, sesión extraordinaria do pleno do parlamento para debater e autorizar o teito de gasto para o 2022 e que ascende a 11.571 millóns de euros.
 

Galicia Informativos
Más opciones