A Xunta abre a semana que vén unha nova oferta de 50.000 autocitas para as persoas pendentes de vacinación. Mañá están citadas 30 mil persoas que xa pasaron a Covid e o día 19 está previsto que acabe a vacinación dos escolares maiores de 12 anos. Novos pasos para que a vacina chegue a todos.
A Xunta xa confirmou 190 hectáreas de viñedos afectadas polas treboadas e o pedrazo na comarca do Ribeiro. En 60 delas, o dano é grave.
Cambio no goberno local de Malpica. Hoxe debate da moción de censura presentada polo partido popular que outorgará a alcaldía a Eduardo Parga. Relevará ó socialista Walter Pardo.
Hoxe inaugúrase o curso nas universidades galegas. Arranca este terceiro ano académico en pandemia co obxectivo de recuperar a presencialidade.