Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 04/08/21 04/08/2021 14:58

A denuncia do Colexio de Médicos de Pontevedra contra responsables do SERGAS pola saturación da Atención Primaria xa ten resposta por parte de Sanidade. O Conselleiro Julio García Comesaña anunciou no parlamento que reunirá ao consello técnico de atención primaria para tentar aliviar a carga dos facultativos.
Nos deportes o regatista Nico Rodríguez acaba de gañar unha nove medalla para Galicia e é a terceira, tras a de Peleteiro e Portela. Conseguiu o bronce na clase 470, barco no que é tripulante con Jordi Xammar.

Sanidade notifica cinco novas mortes por Covid nas últimas horas cando a pandemia vai moderándose. O comité clínico baixou a Cambados, Boiro e o Barco do nivel máximo e no alto permanecen outra semana as sete cidades.

Atracou en Vigo o pesqueiro Manuel Laura. Tivo que adiantar o regreso ao dar positivo por coronavirus varios membros da tripulación e que en Irlanda non lle deran atención médica.

O paro reduciuse o mes pasado en case 5.800 persoas co que o número de desempregados queda en 152 mil. O sector servizo foi o que tirou do emprego.

Galicia Informativos
Más opciones