A Fiscalía propón xulgar aos catro adultos que supostamente participaron na malleira que causou a morte a Samuel Luis por asasinato. A xuiza dí que é algo que se verá máis adiante. As partes piden que se fagan máis dilixencias. Así se resume o acontecido nos xulgados da Coruña onte onde foron citados para comunicarlle qué feitos se lles imputan.
O centro de saúde de Ponteareas pechará polas tardes a partir do quince de agosto por falta de médicos sustitutos. As consultas urxentes atenderanse no PAC.
O peche de servizos bancarios deixará 38 concellos galegos sen oficinas nen caixeiros. O BNG denuncia que a Xunta vaia premiar os peches con 2,88 millóns de euros de subvención aos bancos para que instalen máquinas automáticas.
Nas estradas da provincia de Lugo xa está vixilando o dron incorporado á Campaña de Tráfico deste verán en Galicia. A metade das sancións impostas son por non usar o cinto.