Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 07/01/22 07/01/2022 15:03

xa case chegamos ós 60 mil casos de coronavirua na nosa comunidade, cunha incidencia que non detén o seu aumento. 2.300 casos por cen mil habitantes en tan dó dúas semanas. O aumento dos casos afecta as residencias de maiores, onde se triplicaron os casos e tamén na presión hospitalario. Con todo, so o 26% dos ingresados presentan esta variante.

- A factoría Viguesa, Stellantis suspenderá a quenda de traballo do domingo, tras o número de baixas pola Covid-19. Unha medida que chega tan só dous días despois da volta ao traballo dos 6.700 traballadores a fabriuca de Balaídos.

- En Cerdedo-Cotobade, intensifícanse as accións de rexeitamento á instalación do Parque Eólico dos Cotos ó que se opón o Concello. O alcalde, Jorge Cubela, convocou unha asemblea veciñal aberta para informar do proxecto. Este domingo hai convocada unha mobilización en contra do parque eólico dos Cotos.

- Volve a Coruña a cara máis solidaria de Galicia coa campaña solidaria "debuxar sorrisos". Case 2000 xoguetes foron repartidos pola iniciativa organizada pola Afundación e ABANCA.

Galicia Informativos
Más opciones