O intento de boicot do pregón das Festas da Peregrina, o pasado sábado en Pontevedra, por parte de traballadores de ENCE segue dando que falar. O PP, a quen apuntaba o alcalde como un dos instigadores da mobilización, condenou os actos de violencia, dirixidos contra o rexedor. Pero pide a Fernández Lores, que se reúna cos traballadores e que busque unha saída.
---A plataforma "Monfero di Non" celebrou ao carón do mosteiro unha romaría reivindicativa con misa en protesta polos parques eólicos proxectados por Iberdrola
no municipio.
---As ciano bacterias están a proliferar nas augas do encoro ourensán das Conchas, nos concellos de Bande e Muiños e no das Forcadas, en Valdoviño. Os ecoloxistas avisan do risco para a saúde e culpan as explotacións gandeiras.
---Por primeira vez é posible visitar pola noite a Catedral de Santiago. Este martes deu comezo este programa de visitas nocturnas guiadas