A hostelería segue a se-lo sector productivo máis tocado pola pandemia. O cambio semanal das medidas e o tipo de restriccións complícalles moito a súa actividade. A pinga que colmou o vaso é a obrigatoriedade de esixir a clientela pasaporte covid, test PCR ou certificado de ter pasada a enfermidade. Agora os hosteleiros de Santiago conseguiron que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitise a trámite un recurso contra esa medida que consideran criminalizadora para o sector.
Indignación entre os hosteleiros do Grove trala decisión do Comité Clínico de mantelo como o único concello de Galicia en nivel máximo de alerta pola Covid. Tamén desde a alcaldía denuncian trato discriminatorio respecto a Sanxenxo.
Os traballadores de ENCE manifestáronse en Pontevedra diante do Concello, a Xunta e a Subdelegación do goberno para reclamar a permanencia da pasteira en Lourizán. Mesmo chegaron cortar con barricadas os accesos á cidade.
Pleno extraordinario esta mañá na Baña para decidir qué medidas emprenden para evitar o peche da sucursal da Abanca, a única oficina bancaria que opera a diario neste concello coruñés.