Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 16/08/22 16/08/2022 14:55


Mellora a situación dos lumes en Galicia, aínda que esta mañá temos que sumar un novo foco en Pantón, na provincia de Lugo, con máis de 20 hectáreas. Polo demais, a chuvia axudou e xa quedaron extinguidos catro dos declarados nos últimos días. O resto están estabilizados ou baixo control.


A Festa da Auga de Vilagarcía volve hoxe ás orixes por mor da seca. Substitúe as mangueiras por caldeiros e pistolas de auga.

As universidades de Santiago e Vigo están entre as mellores do mundo. Así o recolle o prestixioso Ranking Académico de Shangai.

Os taxistas de Ourense propoñen encarecer a baixada de bandeira pra facer fronte á suba dos carburantes. Insisten en que levan anos coas tarifas conxeladas.
 

Galicia Informativos
Más opciones