Galicia Informativos   Informativo Galicia 8:45 - 18/08/21 18/08/2021 14:58

A situación de apertura dos locais de hostelería non acaba de atopar a estabilidade. Agora os hostaleiros da Coruña presentan un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza para pedir a anulación das últimas restricións decretadas pola Xunta. Quéixanse de que esas medidas as tivo que aprobar á Xunta polo recurso doutros hosteleiros que se opoñían a reclamar o pasaporte covid para entrar nos locais.

---O concello de Santiago vai abrir expediente á Xunta por tender fibra óptica no Casco Vello sen licenza.

---Ecoloxistas e agrupacións veciñais denuncian os prexuizos medioambientais e para o subministro dos valeirados dos enconros de Ourense que están a facer as hidroeléctricas para aproveitarse dos altos prezos da luz.

--- Porto do Son non pechará a praia na que estableceu a súa base un golfiño. Así llo pedira a Coordenadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, que está a observar continuos actos de acoso ó animal.

Galicia Informativos
Más opciones