Segue o peche de oficinas bancarias no rural.
O concello coruñés da Baña rexeita a decisión de ABANCA de peechar a única oficina que ten no municipio e convoca unha concecentración de protesta.
Será o mercores diante da sucursal bancaria.
O peche será efectivo, se ninguén o remedia, a partir do 8 de setembro.
O dous de setembro, tres concellos A Baña, Zas e Vimianzo manifestaranse na Coruña en contra do peche das oficinas de Abanca.
A factoría de Stellantis de Vigo inicia a semana sen actividade. Non ten compoñentes electrónicos.
Irlanda retén ó arrasteiro vigués PUNTA Vixía ao que acusa de pesca ilegal.
O envellecemento demográfico non ten porqué ser malo. Ésta é a idea que defenden dous investigadores das universidades da Coruña e Santiago.
Deportes. O Celta busca esta noite no campo do Osasuna a súa primeira victoria na Liga.